Novas Enciga

CONVOCATORIA DE BOLSAS PARA VISITAR O CERN

As bolsas están dirixidas a profesorado de ensino  non universitario que sexa Graduado ou Licenciado en Física. O programa terá lugar a finais de xullo e inclúe unha estadía de catro días no CERN. Están convocadas pola Fundación Ramón Areces e a Real Sociedade Española de Física e cubren aproximadamente a viaxe e a estadía. A data límite para solicitalas é ese luns 6 de xuño. Tedes toda a información no seguinte enlace:
https://rsef.es/images/Fisica/ConvocatoriaBecasCERN_2022_W.pdf