Lugar de celebración
Datas
Comité organizador do XXIV Congreso de ENCIGA:
Correo web para o Congreso: congreso27@enciga.org
|
Carta de presentación
Queridos compañeiros e compañeiras:
Seguindo a estela iniciada en anos anteriores, ENCIGA vai celebrar o XXVII congreso. Facendo nosa a frase de Marie Curie, “na vida non hai cousas que temer, so hai cousas que comprender”, asumimos sen medo a organización deste vindeiro congreso, sen esquecer o traballo e a dificultade que supón este reto e comprender o labor feito por outros compañeiros e compañeiras en congresos anteriores.
Esta nova edición terá lugar os días 20, 21 e 22 de novembro de 2014 e desenvolverase no noso centro, o IES As Barxas de Moaña.
Lembrando a Einstein cando decía que “a vida é moi perigosa; non polas persoas que fan mal, senón polas que se sentan a ver o que acontece”, nós decidimos non sentarnos a ver pasar a vida, por iso emprendemos con entusiasmo esta tarefa. Trataremos de non defraudarvos, abriremos as portas do noso centro para que vos sintades a gusto e amosarémosvos moitos dos encantos que ten a fermosa vila de Moaña e os seus arredores.
O formato de presentación dos traballos podedes atopalo na páxina web de ENCIGA, www.enciga.org, no apartado do XXVII Congreso. Na mesma páxina poderedes facer a inscrición ao congreso.
Todos sabemos que o Congreso é algo que facemos tódalas persoas participantes, en especial as que o fan de forma activa. Por iso invitámosvos a que enviedes os vosos traballos ao enderezo congreso27@enciga.org (o resumo antes do 18 de Outubro e a ponencia completa antes do 25 de Outubro)
Recibide un saúdo do equipo coordinador.
Carlos Chapela Otero
Paloma Pérez Fernández
IES “As Barxas” Fonte do Unicornio, 2 ‐‐ Moaña. (Pontevedra) ‐‐ Tf.: 986 31 42 43 |
|
Contidos do Congreso
Actividades
No congreso desenvolveranse as seguintes actividades:
- Conferencias
- Comunicacións
- Comunicacións en cartel
- Obradoiros
- Exposicións e mostra de materiais
- Debates
- Visitas e actos sociais
Temas
Os temas que suxerimos para a presentación de traballos, sen carácter excluínte, son:
- Experiencias didácticas
- Actividades de investigación-acción
- Experiencias interdisciplinares
- Tratamento de contidos transversais
- Avaliación
- Estratexias metodolóxicas
- Desenvolvemento curricular
- Materiais curriculares
- Recursos multimedia
- Aquel tema que prefiras, porque xamais sobrará o que nos queiras contar