Lugar de celebración
Comité organizador do XXIV Congreso de ENCIGA:
Correo web para o Congreso: congreso24@enciga.org
|
![]() |
Carta de presentación
“As ciencias teñen as raíces amargas pero moi doces os froitos” (Aristóteles)
Como sabedes, o ano 2011 é o Ano Internacional da Química e tamén é o Ano Internacional dos Bosques.
A Fonsagrada está na zona oriental da provincia de Lugo. É o Concello de maior extensión de Galicia con 442 km2 dos que o 78% están ocupados por superficie forestal e pertence dende 2007 á Reserva da Biosfera Eo-Oscos-Terras de Burón.
Que mellor forma hai de compaxinar ás dúas celebracións que asistindo ao próximo Congreso de ENCIGA na Fonsagrada combinando ciencia e natureza?
Que podedes atopar na Fonsagrada? Principalmente paisaxes máxicas, xente acolledora e unha excelente gastronomía tradicional que serán o complemento perfecto á moitísima ciencia da que poderemos disfrutar nas ponencias, exposicións, conferencias, debates, obradoiros, etc.
Non o dubidedes. O 17, 18 e 19 de novembro de 2011 tedes que vir á Fonsagrada ao IES Fontem Albei, o IES de máis alto nivel (… a case 1000 m).
Os que colaboramos na organización do XXIV Congreso queremos render unha homenaxe a todos vós, que durante estes anos, dun ou doutro xeito, sodes responsables da súa andaina. Faremos todo o posible por sorprendervos e agardamos toda a vosa comprensión ante os nosos posibles erros.
Non esquezades que necesitamos a vosa presenza e a vosa colaboración. Animádevos e enviade os vosos traballos ao enderezo electrónico congreso24@enciga.org antes do 7 de outubro. O formato de presentación dos mesmos podedes atopalo na páxina web de ENCIGA, www.enciga.org, no apartado do congreso.
Ata novembro! Unha aperta dende as montañas máis fermosas de Galicia.
|
IES Fontem Albei Rúa Marmoiral, s/n 27100 A FONSAGRADA (Lugo) Telf. 982340156 Fax. 982340156 ies.fontem.albei@edu.xunta.es
|
|
Contidos do Congreso
Actividades
No congreso desenvolveranse as seguintes actividades:
- Conferencias
- Comunicacións
- Comunicacións en cartel
- Obradoiros
- Exposicións e mostra de materiais
- Debates
- Visitas e actos sociais
Temas
Os temas que suxerimos para a presentación de traballos, sen carácter excluínte, son:
- Experiencias didácticas
- Actividades de investigación-acción
- Experiencias interdisciplinares
- Tratamento de contidos transversais
- Avaliación
- Estratexias metodolóxicas
- Desenvolvemento curricular
- Materiais curriculares
- Recursos multimedia
- Aquel tema que prefiras, porque xamais sobrará o que nos queiras contar
