Novas Enciga

Científicos de fronteira,, un programa de entrevistas

Trece investigadores que se moven cada día nas fronteiras do coñecido interveñen en “Científicos de Fronteira”, un programa de entrevistas que empezará a emitirse o día 10 de outubro ás 23:30 h na 2. Inaugura a serie o físico español Ignacio Cirac, director do Instituto Max Planck para Óptica Cuántica (Alemaña) e premio Fronteiras do Coñecemento 2008 da Fundación BBVA.

Trece investigadores que se moven cada día nas fronteiras do coñecido interveñen en “Científicos de Fronteira”, un programa de entrevistas que empezará a emitirse o día 10 de outubro ás 23:30 h na 2. Inaugura a serie o físico español Ignacio Cirac, director do Instituto Max Planck para Óptica Cuántica (Alemaña) e premio Fronteiras do Coñecemento 2008 da Fundación BBVA. Cirac, que foi noticia por figurar entre os candidatos ao Premio Nobel de Física, narra a súa fascinación polos fenómenos que ocorren na materia a escala de millonésimas de milímetro: no mundo cuántico, por exemplo, os cambios nunha partícula poden manifestarse instantaneamente noutra situada a gran distancia, e sen que exista conexión material entre ambas.