Para ofrecer las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como las cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento de estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o las identificaciones únicas en este sitio. No consentir o retirar el consentimiento, puede afectar negativamente a ciertas características y funciones.
El almacenamiento o acceso técnico es estrictamente necesario para el propósito legítimo de permitir el uso de un servicio específico explícitamente solicitado por el abonado o usuario, o con el único propósito de llevar a cabo la transmisión de una comunicación a través de una red de comunicaciones electrónicas.
The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes.
El almacenamiento o acceso técnico que se utiliza exclusivamente con fines estadísticos anónimos. Sin un requerimiento, el cumplimiento voluntario por parte de tu proveedor de servicios de Internet, o los registros adicionales de un tercero, la información almacenada o recuperada sólo para este propósito no se puede utilizar para identificarte.
El almacenamiento o acceso técnico es necesario para crear perfiles de usuario para enviar publicidad, o para rastrear al usuario en una web o en varias web con fines de marketing similares.
Apreciados compañeiros/as de ENCIGA:
Quero manifestarvos o meu sinceiro agradecemento polas vosas mensaxes de apoio e solidariedade. Representa un grande alivio para min sentir que non estou completamente so nestes difíciles momentos.
Moito me temo que o que a min me aconteceu estase a facer cada ano máis común. Acábanme de chegar noticias dun caso parecido en Lugo (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2012/06/06/siete-alumnos-ies-ollos-grandes-llevan-xunta-suspenso-apeo-selectivo/0003_201206L6C4991.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz)
Mentres aos profesores nos sigan a encargar a crucial tarefa decidir quen vai ou non á selectividade e a nota desta conte só un 40% frente ao 60% do expediente, os pais e os alumnos van a seguir presionándonos cada día con máis forza, animados por éxitos como o do meu caso, para que lles inflemos as notas. E vos sabedes que o fácil, o cómodo, o agradecido para un profesor é ceder a esas presións. Aqueles que non o fan deseguida se lles etiqueta de sádico, cabrón e mala persoa, incluso por aqueles docentes que sí ceden ás presións. Se a nota de acceso á universidade viñera determinada só polos exames externos, a imaxe pública do profesor na sociedade podería mellorar notablemente. Entón podería ser visto como un entrenador que axuda aos seus pupilos a sacar o mellor de sí mesmos para superar esas probas externas, non como un energúmeno que lles pode foder, con perdón, o seu futuro.
Mentres non sexa así, e a partires desta traumática experiencia, para os próximos cursos estou valorando a posibilidade de, no lugar de usar esas fórmulas tan complicadas que suxerides, poñerlles directamente a todos os meus alumnos un 10. Ensinaríalles o mellor que sei, coma fixen sempre, e faríalles exames normais para que coñecesen o seu nivel real na asignatura, pero despois repetiríalles o exame coas respostas diante, para xustificar así a nota por si a inspección se metese (que non creo, porque só o fan se pos notas baixas e os pais protestan). Deste xeito non tería que facer exames de recuperación nin tería que ir ao instituto en setembro. Que os alumnos estudiarían menos ao saber que teñen o 10 asegurado? Xa o sei, pero que máis da, nin eles nin os pais protestarían. Só lles preocupa a nota, non o que aprendan realmente. Que logo sacarían mala nota na selectividade? Non importa: mentres saquen un 4 xa fan media coa nota do expediente, e ésta sería alta debido ao meu 10 e ao dos demáis profes “guais”, polo que pasarían por diante dos rapaces doutros institutos que teñen profes “cabróns”. Esa é a filosofía do centro ao que cheguei este ano (o Rosalía de Castro) e a de moitos centros privados. Así que non a desbotedes tan axiña, porque estase a xeralizar e tal vez teñades que aplicala antes do que creedes…
Ademáis nesta experiencia detectei algo que me preocupa moito: a corrupción no noso pais chega ata estes pequenos/grandes asuntos educativos. Hai funcionarios de inspección e cargos da Consellería con comportamentos que só podo calificar de mafiosos e caciquís. Algúns dos encargados de velar porque o sistema educativo funcione e sexa o máis equitativo e xusto posible, ocúpanse tan só de favorecer aos fillos desta e de aquel. Están alineados cos pais fronte aos profesores, corpo do que “escaparon” para poñerse por riba del e disfrutar do seu poder. Non lles preocupa para nada a calidade do ensino; só buscan contentar ás familias e aos medios de comunicación. Pretenden que diminúa o fracaso escolar só nas estatísticas, subindo as notas artificialmente ou coa baixada xeralizada do nivel de esixencia. Os que me coñecedes sabedes que eu son moi crítico con noso sistema educativo, pero mentres non cambie, creo que o noso deber como funcionarios e aplicar a lexislación vixente. Atopei que hai membros da administración educativa con máis poder ca nos que non o creen así. Creo que está ben sabelo para actuar en consecuencia.
En fin, foi esta para min unha moi desagradable pero aleccionadora experiencia. As mostras de apoio dos compañeiros coma vos, pero sobre todo dalgúns ex-alumnos, que son quen mellor coñece o meu traballo, son o único positivo que saco dela (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2012/06/05/educacion-sube-nota-fisica-alumnos-rosalia-reclamaron/0003_201206S5C6991.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz ).
Moitas grazas de novo polas vosas mostras de solidaridade.
Un cordial saúdo.
Paco Rañal.