Temática: Concurso de relatos curtos vencellados á ciencia. En xeral trátase de relatar poñendo en valor a importancia da ciencia no desenvolvemento económico e no benestar dunha sociedade ?nomeadamente a galega- e un maior recoñecemento social destas actividades, así como un achegamento ao traballo científico e ás profesións de científicos e tecnólogos.
A quen vai dirixido? A todos e todas e nomeadamente ao alumnado. Hai unha categoría xeral na que pode participar toda a comunidade educativa e tres categorías para o alumnado: Primaria, Secundaria e Bacharelato-Ciclos.
Máis información en: http://cienciaqueconta.wordpress.com
Como en edicións anteriores, os mellores relatos de cada categoría (en total sobre corenta) serán publicados nun libro. Se non teñen no seu centro os editados nos concursos pasados, pode solicitalos no correo: cienciaqueconta@uvigo.es ou ben lelos ou descargalos a través da nosa páxina web.