Outras Novas

Presentación da versión WEB do Diccionario de Autores Científicos Galegos

O martes 27 de marzo, ás 19:00 e no salón de actos do Consello da Cultura Galega (Praza do Obradoiro), preséntase a versión WEB do Diccionario de autores científicos galegos que se publicou en Edicións do Castro hai xa bastantes anos, cos contidos actualizados, enlaces, etc...

ÁLBUM DA CIENCIA: O I+D HISTÓRICO DE GALICIA
27 de marzo de 2012
19:00 horas
Salón de Actos do Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi - Praza do Obradoiro)

Exposición sobre a ciencia en galego e a muller galega na ciencia

Con motivo da celebración o día 4 de novembro do día da "Ciencia en Galego", organizarase unha pequena EXPOSICIÓN sobre a achega dalgúns dos organismos públicos galegos á ciencia en galego e sobre a muller galega na ciencia. Esta exposición terá lugar no Pazo de Congresos de Pontevedra, aproveitando a celebración do 3 ao 5 de novembro do X Congreso de Estatística e Investigación de Operacións

Semana da Ciencia 2011

Do 7 ao 11 de Novembro do 2011 celebrarase, ao igual que nos anos 2007, 2008, 2009 e 2010, na ETSE de Minas da Universidade de Vigo a SEMANA DA CIENCIA.

As actividades, centradas nunha visita guiada gratuíta de dúas horas, están dirixidas fundamentalmente a estudantes de ensino medio e bacharelato, cuns contidos relacionados de forma directa coas súas instalacións e a súa investigación (asociada en esencia coa enerxía, os novos materiais e o medio ambiente).

Ver máis información ...

Obra de Teatro Científico: Comando Antibiótico contra as bacterias mutantes

A obra de teatro científico "Comando Antibiótico contras las bacterias mutantes" está dirixida principalmente a nenos de entre 8 é 12 anos. A obra dura 50 minutos. Ós nenos participantes do xogo regálanselles unhas camisetas e tamén se reparten trípticos ós asistentes. A representación da obra ten custe cero para o colexio ou auditorio. Faranse 30 representacións da obra por toda Galicia.

Páxinas

Subscribe to RSS - Outras Novas