Lugar de celebraciónComité organizador do XXIII Congreso de ENCIGA:
Correo web para o Congreso: congreso23@enciga.org
|
Carta de presentación
Queridos compañeiros e compañeiras:
Continuando coa traxectoria iniciada en anos anteriores ENCIGA vai celebrar o seu XXIII congreso. Nós, como organizadoras, temos a honra de asumir con entusiasmo e tamén cunha certa inquedanza esta tarefa que aínda que sendo fermosa non está exenta de riscos.
Este congreso vai presentar novidades tanto nas datas, que adiantaremos un pouco, coma na organización. Terá lugar os días 11, 12 e 13 de novembro de 2010 e desenvolverase nos centros de Narón IES As Telleiras e IES Terra de Trasancos.
Somos conscientes das dificultades que supón que sexamos dous centros en lugar de un pero, como sucede coa Ciencia, o traballo en grupo e o feito de compartir o que cada un posúe permite chegar un pouco máis lonxe.
Xuntos uniremos forzas para que siga xirando a engrenaxe que mantén activa a nosa asociación. Por iso invitámosvos a ser pezas imprescindibles do congreso participando e compartindo os vosos traballos que poderedes enviar ao enderezo congreso23@enciga.org, antes do luns 4 de outubro.
O formato de presentación dos traballos podedes atopalo na páxina web de ENCIGA, www.enciga.org, no apartado do congreso.
Para non defraudarvos, despois de tantos éxitos anteriores e como compensación ao voso esforzo, poñeremos todo da nosa parte para ofrecervos boa mesa, mellor compaña e excelente ciencia.
Un saúdo das coordinadoras.
Esperanza Canalejas Couceiro IES As Telleiras
|
|
Concepción García Rodríguez
IES Terra de Trasancos |
Contidos do Congreso
Actividades
No congreso desenvolveranse as seguintes actividades:
- Conferencias
- Comunicacións
- Comunicacións en cartel
- Obradoiros
- Exposicións e mostra de materiais
- Debates
- Visitas e actos sociais
Temas
Os temas que suxerimos para a presentación de traballos, sen carácter excluínte, son:
- Experiencias didácticas
- Actividades de investigación-acción
- Experiencias interdisciplinares
- Tratamento de contidos transversais
- Avaliación
- Estratexias metodolóxicas
- Desenvolvemento curricular
- Materiais curriculares
- Recursos multimedia
- Aquel tema que prefiras, porque xamais sobrará o que nos queiras contar