ENFOQUE DA REVISTA
O Boletín das Ciencias é unha revista sen ánimo de lucro, editada pola Asociación dos Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA). Pretende achegar a profesionais de diferentes niveis educativos tanto investigacións de carácter pedagóxico e científico, con preferencia no eido das ciencias e das matemáticas, como experiencias didácticas, co obxectivo de mellorar os procesos de ensino e aprendizaxe vinculados a estas temáticas.
A periodicidade da revista é semestral, coa excepción de números especiais para atender a casuísticas sobrevidas, efemérides ou temáticas específicas que poidan suscitar interese especial no ensino das ciencias e das matemáticas.
Esta revista é de consulta aberta, estando dispoñible en formato papel (para as persoas e institucións asociadas a ENCIGA, bibliotecas…) e en formato dixital na web de ENCIGA (www.enciga.org).
PAUTAS PARA AUTORES/AS
Os traballos enviados á revista deben ser orixinais, sen ter sido publicados previamente nin en papel nin electronicamente.
Lingua. Deben estar escritos preferentemente en galego, aínda que por decisión editorial poderán ser considerados traballos en español e portugués.
Normas de publicación
Os traballos poden enviarse para algunha das seccións da revista:
-
Educación científica e matemática que inclúe traballos de carácter teórico ou empírico. Deben conter introdución, na que se enmarque o problema a investigar, fundamentación teórica e metodolóxica, resultados, discusión e conclusión. Terán unha extensión máxima de 45000 caracteres con espazos, táboas e figuras.
-
Experiencias e materiais docentes para a educación en ciencias e matemáticas, sección destinada á presentación e discusión de propostas didácticas que resulten novidosas. Deben conter unha xustificación da proposta e unha descrición detallada, e, de ser o caso, convén que inclúa algunhas recomendacións para a súa execución na aula ou centros
educativos. Extensión máxima de 20000 caracteres con espazos, táboas e figuras. -
Outros: como recensións de traballos, resumos de congresos, e calquera outro traballo que non tivese cabida nas seccións anteriores, cunha extensión máxima de 4000 caracteres con espazos.
Formato e maquetación
Os orixinais deben ser remitidos en formato editable (.docx ou .otd). Todas as marxes serán de 2,5 cm.
Na medida do posible, agradecemos que os documentos, independentemente da sección á que se envíen, presenten o seguinte formato:
-
Título: Times New Roman, 16ptos, negriña e centrado
-
Apelidos e nome do/a autor/a(es/as), á institución á que pertence(n) e correo-e: Times New Roman, 9ptos, 1,15 entreliñado, alienado á esquerda
-
Resumo, cunha extensión máxima de 1000 caracteres con espazos: Times New Roman 10ptos, 1,15 entreliñado, xustificado. Título do resumo igual, pero en negriña.
-
5 palabras clave: Times New Roman, 9ptos, 1,15 entreliñado. Título das palabras clave igual pero en negriña
-
Epígrafes de primeiro nivel: Times New Roman, 12 ptos, maiúsculas e negriña, parágrafo 6 ptos antes e despois, alienado á esquerda.
-
Epígrafes de segundo nivel: Times New Roman, 12 ptos, negriña, parágrafo 6ptos antes e despois, alienado á esquerda
-
Texto e parágrafos: Times New Roman, 11 ptos, entreliñado 1.15, 6 ptos espaciado despois do parágrafo e xustificado
-
Táboas e figuras: os títulos deben estar en Times New Roman, 11 ptos. O texto nas táboas e figuras debe estar en Times New Roman 10 ou 11 ptos
-
Referencias: segundo as normas APA, 7ª edición Times New Roman, 11 ptos, sangría francesa, entreliñado 1,15, 6 ptos espaciado despois do parágrafo e xustificado
Táboas e figuras. Considéranse figuras os gráficos, esquemas, fotografías, etc. As táboas e as figuras que acompañan ao texto deben estar numeradas, referenciadas no mesmo e situadas no lugar exacto onde se desexa que queden publicadas. Imaxes en formato .jpg.
Anexos. Pódense incluír os anexos sempre e cando sexan pertinentes para a información que ofrece o texto.
Citas e Referencias. De acordo coas normas APA (7ª edición), as citas bibliográficas indicadas no texto, deben indicar o apelido do/as autores e o ano de publicación (https://normasapa.org/referencias/). Todas as citas bibliográficas deben quedar recollidas no apartado de Referencias, seguindo as citadas normas APA. Estas referencias deben estar ordenadas alfabeticamente e con sangría francesa. Por exemplo:
Bermejo, M.R., Maneiro, M., Rodríguez-Silva, L. e Fernández-García, M. I. (2019). A IUPAC na axuda da confección do sistema periódico. Boletín das Ciencias, 87, 103-115.
ENVÍO DE ORIXINAIS
Os orixinais serán enviados á boletin@enciga.org. De cara a garantir unha revisión anónima, débense enviar dous arquivos, un anónimo (evitando auto-citas e eliminando do documento calquera rastro de nomes, apelidos, lugar de traballo) e outro cos datos de autoría completos.
Os arquivos deben nomearse coas palabras máis importantes do título do documento engadindo ANONIMO ou AUTORE/AS, segundo corresponda.
Lista de comprobación para a preparación do envío de artigos
- O traballo é orixinal, non está publicado noutro formato nin revista
- O arquivo está en formato .doc ou .odt
- Coñécense e séguense as pautas para os autores/as
- Coñécense e acéptanse os dereitos de autoría
REVISIÓN POR PARES
Os traballos serán revisados por dúas persoas do comité científico da revista no prazo de 3 meses. Pasado ese tempo, notificaráselles aos autores e autoras se o documento é aceptado, aceptado con modificacións ou rexeitado.
AVISO DE DEREIROS DE AUTORÍA
Os autores e autoras conservan os dereitos de autoría e ceden os dereitos de primeira publicación á revista Boletín das Ciencias, permitíndolle que divulgue e distribúa o seu contido por todos os medios tecnolóxicos dispoñibles e a través de repositorios.
DECLARACIÓN DE PRIVACIDADE
En cumprimento co establecido na Lei Orgánica 3/2018 de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais, os nomes e direccións de correo electrónico, así como outros datos de carácter persoal, non serán cedidos, nin compartidos con empresas, nin entidades alleas ao Boletín das Ciencias
descargar arquivo: pautas de publicación para o boletín