Ensinantes de Ciencias de Galicia

O NOSO obxectivo E melloraR a calidade no ensino na área de ciencias
Sobre nós

¿Que é ENCIGA?

ENCIGA foi fundada o 16 de xaneiro de 1988, e básicamente é unha asociación de profesores e profesoras de Ciencias que tenta mellorar a calidade do ensino nas áreas matemático‑científico‑tecnolóxicas nos niveis educativos non universitarios.

Faite socio

Faite socio e disfruta de todas as vantaxes de esta informado.

Actividades

Concursos, conferencias, Xornadas, congresos e actividades en xeral.

Congreso

Congreso ENCIGA.
Toda e información que precisas.

Recursos

Repositorio de recursos e documentación dispoñibles para a túa descarga.

Actualidade

Novas ENCIGA

Permanece contínuamente informado/a sobre toda a nosa actualidade, concursos, conferencias e cursos.

Colaboración para recoller información sobre a situación da Física na ESO e Bacharelato

Fernanda Miguelez, profesora da UDC, membro da Real Sociedade Española de Física, e membro da Xunta Directiva do Grupo Especializado de Ensino da Física solicita colaboración para recoller información de Galicia, pois desde a RSEF están elaborando un Informe sobre a situación da Física na ESO e no Bacharelato. Prégase que aquelas persoas con interese envíen este cuestionario cuberto antes do 8 de marzo ao correo de Fernanda: fermigue@udc.es

Convocatoria de Asemblea Extraordinaria de ENCIGA

Por orde do Sr. Presidente convócase a Asemblea Extraordinaria para o venres 23 de marzo de 2018 ás 17:30 horas en primeira convocatoria e ás 18 h. en segunda convocatoria no IES Rosalía Castro de Santiago, co único punto da orde do día: 1.‐ Elección da Xunta Directiva de ENCIGA Santiago 3 de Marzo 2018A SecretariaTeresa Otero

Charlas Divulgativas da Universidade de Vigo

O Grupo de Innovación Docente da Universidade de Vigo (GID1) ofrece charlas divulgativas, monográficas gratuítas sobre algúns temas relacionados cos contidos da Física nos primeiros cursos dos nosos graos en Enxeñaría e que están dirixidas esencialmente a alumnado de primeiro e segundo de bacharelato científico/tecnolóxico. O responsable da charla desprazaríase ao centro sen custe para o mesmo en horario que se acordaría previamente. As charlas son lúdicas e eminentemente

Grupo para compartir recursos de química en Facebook

Un grupo de profesores  e profesoras de Primaria e Secundaria  acaban de crear un grupo para compartir recursos, actividades e experiencias de Química en Facebook. O grupo chámase Quimicantes. É un grupo público onde calqueira pode aportar recursos. Nada máis tendes que pedir participar e xa podedes publicar.

VIII Concurso Incubadora de Sondaxes

A Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO), convoca o VIII Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos para proxectos de estatística e investigación de operacións realizados por estudantes de ESO, PCPI, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio da Comunidade Autónoma de Galicia. Ler máis en www.sgapeio.es