Ensinantes de Ciencias de Galicia

O NOSO obxectivo E melloraR a calidade no ensino na área de ciencias
Sobre nós

¿Que é ENCIGA?

ENCIGA foi fundada o 16 de xaneiro de 1988, e básicamente é unha asociación de profesores e profesoras de Ciencias que tenta mellorar a calidade do ensino nas áreas matemático‑científico‑tecnolóxicas nos niveis educativos non universitarios.

Faite socio

Faite socio e disfruta de todas as vantaxes de esta informado.

Actividades

Concursos, conferencias, Xornadas, congresos e actividades en xeral.

Congreso

Congreso ENCIGA.
Toda e información que precisas.

Recursos

Repositorio de recursos e documentación dispoñibles para a túa descarga.

Actualidade

Novas ENCIGA

Permanece contínuamente informado/a sobre toda a nosa actualidade, concursos, conferencias e cursos.

Conferencia de Bernard L. Feringa

O Programa ConCiencia da USC e o Consorcio de Santiago de Compostela,  coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades reciben a: Bernard L. Feringa, Premio Nobel de Química 2016 http://www.usc.es/gl/cursos/conciencia/feringa19.html CONFERENCIA: “A ledicia do descubrimento” Lugar: Auditorio ABANCA Rúa Preguntoiro, 23 Santiago de Compostela Día: MÉRCORES 8 de MAIO Hora: 19:00

XORNADA SOBRE O ANO INTERNACIONAL DO SISTEMA PERIÓDICO 

O xoves 14 de marzo de 2019 terá lugar no Consello da Cultura Galega a xornada O ano internacional do sistema periódico: reflexións dende Galicia, organizada pola Sección de Ciencia, Tecnoloxía Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística e o grupo CienciaNosa. A xornada está coordinada polos membros de ENCIGA Manuel Bermejo, Ana González Noya e Marcelino Maneiro. Pódese consultar o programa en http://www.consellodacultura.gal/mediateca/extras/CCG_ac_2019_sistema-periodico-galicia.pdf

CONCURSO “A TÁBOA PERIÓDICA E GALICIA”

A Facultade de Química da USC convoca o concurso “A Táboa Periódica e Galicia” dentro das actividades organizadas polo centro con motivo do Ano Internacional da Táboa Periódica dos elementos químicos en 2019. Esta convocatoria xa aberta está dirixida a alumnado de segundo ciclo da ESO, ciclos formativos e bacharelato do sistema educativo galego. A inscrición xa se pode formalizar no  sitio web da Facultade (http://www.usc.es/gl/centros/quimica/), trámite para o

CONCURSO DE VÍDEOS “O MEU ELEMENTO”

A Facultade de Ciencias do campus de Lugo da USC, a través da súa comisión de normalización lingüística, o grupo de innovación docente CienciaNosa e o Sistema de Normalización Lingüística da USC, convocan o concurso de vídeos ‘O meu elemento’ para sumarse á celebración de 2019 como Ano Internacional do  Sistema Periódico, unha efeméride declarada polas Nacións Unidas co gallo do 150 aniversario da publicación por parte de Dimitri Mendeleev da súa táboa

PRESENTACIÓN DA GUÍA DOS ELEMENTOS QUÍMICOS

O pasado luns 22 de xaneiro a Real Academia Galega presentou en A Coruña a nova “Guía dos elementos químicos”, un libro que explica a orixe dos nomes dos elementos e afonda na súa historia e no seu coñecemento. Na presentación estiveron os seu autores, Manuel Bermejo, Marcelino Maneiro e Ana González, profesores de Química Inorgánica e membros de ENCIGA. O libro, que será sen dúbida unha obra de