Congresos Enciga

Presentación do XXXI Congreso de ENCIGA

Lugar de celebración

  • IES Ramón Mª Aller Ulloa (Lalín)

Datas

  • 15, 16 e 17 de novembro de 2018

Comité organizador do XXXI Congreso de ENCIGA:

Coordinadoras: 

  • Xoana Mouriño Otero
  • Ana Reboiro López

Correo web para o Congreso: congreso31@enciga.org

  • Data límite para a inscrición: 10 de novembro
  • Data límite para envío de resumos: 20 de outubro
  • Data límite para envío de ponencias completas: 27 de outubro

Inscrición aquí. Máis información no menú da esquerda: XXXI Congreso (2018)


 

 

Carta de presentación

Mira cara as estrelas e non aos teus pés.
Trata de entender que é o que ves e
pregúntate que é o que fai que o universo
exista. Ten curiosidade.

Stephen Hawking (1942-2018)

Prezadas compañeiras e compañeiros:

Os días 15, 16 e 17 de novembro de 2018 celébrase o XXXI CONGRESO DE ENCIGA, que se vai realizar no IES Ramón Ma Aller Ulloa de Lalín.

Neste curso en que se celebra o centenario da Algoritmia de Ramón Aller ou a concesión do Nobel a Max Planck, vaia a nosa benvida á terra de Xosé Rodríguez González, Ramón Ma Aller, Enrique Vidal Abascal ou Wenceslao Calvo Garra.

Que podedes esperar deste Congreso en Lalín, quilómetro cero de Galicia?

  • Atopar moitos compañeiros e compañeiras que vedes unha vez ao ano no Congreso de ENCIGA
  • Participar en moitas actividades de debate e intercambio de experiencias, que mellorarán a nosa práctica docente
  • Expoñer aquela idea ou proxecto que non fixestes ata agora ou que xa levastes a cabo e queredes compartir
  • Visitar a Comarca de Deza e desfrutar do seu patrimonio natural, arqueolóxico e histórico-artístico.
  • Coñecer de primeira man empresas punteiras no ámbito tecnolóxico e da industria alimentaria
  • Degustar a excelente gastronomía de Lalín, así como gozar doutras posibilidades de ocio nun ambiente distendido, hospitalario e de boa camaradería

Non tedes escusa para non asistir, pero tamén tedes que vir porque hai que contribuír a que ENCIGA siga sendo un referente para os/as ensinantes das distintas áreas da ciencia, e para iso é imprescindible a vosa colaboración e esforzo.

Non esquezades presentar traballos: relatorios, obradoiros, carteis ou todo o que xulguedes oportuno. Os traballos enviaranse ao correo: congreso31@enciga.org

Na páxina web de ENCIGA (www.enciga.org) poderedes consultar o formato e prazos de presentación dos traballos, así como formalizar a vosa inscrición ao congreso. Recibide unha cordial aperta das coordinadoras, que vos esperan con moita ilusión.

Contactar Congreso

XOANA MOURIÑO OTERO
ANA REBOIRO LÓPEZ

ES Ramón Mª Aller Ulloa (Lalín)
Rúa do Parque, 8
26500-Lalín
Tlfno: 986 78 01 14
Fax: 986 78 36 43
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesallerulloa/

Contidos do Congreso

Actividades

No congreso desenvolveranse as seguintes actividades:

  • Conferencias
  • Comunicacións
  • Comunicacións en cartel
  • Obradoiros
  • Exposicións e mostra de materiais
  • Debates
  • Visitas e actos sociais
Temas

Os temas que suxerimos para a presentación de traballos, sen carácter excluínte, son:

  • Experiencias didácticas
  • Actividades de investigación-acción
  • Experiencias interdisciplinares
  • Tratamento de contidos transversais
  • Avaliación
  • Estratexias metodolóxicas
  • Desenvolvemento curricular
  • Materiais curriculares
  • Recursos multimedia
  • Aquel tema que prefiras, porque xamais sobrará o que nos queiras contar