Inicio

Ensinantes de Ciencias de Galicia

O NOSO obxectivo E melloraR a calidade no ensino na área de ciencias
Actualidade

Novas ENCIGA

Permanece contínuamente informado/a sobre toda a nosa actualidade, concursos, conferencias e cursos.

Presentación do Boletín das Ciencias nº 100 en Santiago

Presentación do Boletín das Ciencias nº 100 que será no IES Rosalía de Castro o mércores 8 de abril ás 18:30h. Prevese que na última semana de abril se faga a presentación na cidade de Lugo.

Novo obradoiro de monólogos científicos

AMPLIADO O PRAZO DE INSCRICIÓN ATA O 3 DE ABRIL Datas para o obradoiro: 11 e 25 de abril. Serían dúas sesións presenciais de 3 horas e 2 horas de traballo telemático. Duración: 8 horas Lugar: Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) Horarios: de 10.00 a 13.00 h Obxectivo do curso: elaborar e representar un monólogo científico de 3 minutos de duración. Contidos do curso: Sesións:

Xa dispoñible toda a información sobre o XXXVIII Congreso de ENCIGA

Consulta xa as datas, horarios, conferenciantes, opcións de visitas e demáis información aquí.

Premio á Investigación sobre a evolución histórica do Boletín das Ciencias (BdC)

A Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA) convoca o Premio á  Investigación sobre a evolución histórica do Boletín das Ciencias (BdC), con motivo da celebración da publicación do seu exemplar número 100. 

O XXXVIII Congreso de ENCIGA celebrarase do 20 ao 22 de novembro en Sada

O trixésimo oitavo Congreso de ENCIGA xa ten data e lugar de celebración: será en Sada (A Coruña), concretamente no IES Isaac Díaz Pardo, os días 20, 21 e 22 de novembro deste 2025. Nas vindeiras semanas iremos ampliando a información sobre horarios, actividades, inscricións e demáis novidades.
Sobre a asociación

Que é ENCIGA?

ENCIGA foi fundada o 16 de xaneiro de 1988, como unha asociación de profesores e profesoras de Ciencias que tenta mellorar a calidade do ensino nas áreas matemático‑científico‑tecnolóxicas nos niveis educativos non universitarios.

Faite socio

Faite socio e disfruta de todas as vantaxes de esta informado.

Actividades

Concursos, conferencias, Xornadas, congresos e actividades en xeral.

Congreso

Congreso ENCIGA.
Toda e información que precisas.

Recursos

Repositorio de recursos e documentación dispoñibles para a túa descarga.