Outras Novas

Campus de profundización científica para estudantes de Educación Secundaria Obligatoria

O Campus de profundización científica realizarase no IES «Castilla» de Soria, sendo aloxados os alumnos na residencia «Escuela Hogar Madre de las Mercedes» en Soria.
O Campus desenvolverase en dúas quendas, de 40 alumnos cada unha, que terán lugar nas seguintes datas:
Primeira quenda: Do 7 ao 17 de xullo de 2014.
Segunda quenda: Do 18 ao 28 de xullo de 2014.

Xeolodía 2014

Este ano o Xeolodía da provincia de Pontevedra está dedicado ao granito, un dos recursos naturais galegos por excelencia. Toda a xornada celébrase nunha área, O Porriño, cuxa actividade económica baséase na explotación desta rocha e que, con todo, conserva afloramentos naturais de granito de beleza singular.

Clickonphysics

A web clickonphysics.es é froito dun Proxecto de Innovación (2011-2013) da Universidade de Vigo que xa presentaron varias veces nos congresos de ENCIGA e algúns cursos de formación de profesorado. Un traballo de colaboración entre profesorado e alumnado de primeiro curso das enxeñarías da Universidade de Vigo. Actualmente xa están completados os Proxectos de Física do primeiro cuatrimestre que faltaban do curso actual 2013-2014.

Proyecto Una Cebra en el Agua

Trátase dun proxecto de mediación didáctica fundamentada no principio de educación baixo demanda, que surde co propósito de divulgar o método científico e as novas tecnoloxías biolóxicas de experimentación nun laboratorio de xenética, no que o estudiante ponse a bata de científico para mergullarse en situacións reais do mundo da investigación traballando en equipo como fan os científicos profesionais, xenerando productos e resultados.

Ver máis información

Proxecto "Unha cebra en el auga"

O proxecto "Unha cebra en el auga" está financiado pola Fecyt e ten a colaboración da Diputación de Lugo e da Fundación Barrié. Na primeira edición participaron 20 centros de Galicia. Esta é a segunda edición do proxecto  e nela  queremos contar con 36 centros que se sumen á inciativa. A experiencia do curso pasado foi moi satisfactoria pola gran implicación dos alumnos e d os profesores e -en moitos casos- de todo o centro.

Páxinas

Subscribe to RSS - Outras Novas