Recursos na rede
Nesta páxina incluímos os recursos educativos suministrados polos socios ou simpatizantes de Enciga. Envíanos os teus para coñecemento de todos.
- Web sobre o LHC
(por Ramón Cid Manzano) - Recursos de Física
(Por Jorge Porta Martínez) - Formulación Inorgánica e Formulación Orgánica
(por Jose Carlos Alonso)
Webs que permiten repasar ó alumnado os conceptos básicos de formulación. Posúe exercicios corrixidos para que o alumnado comprobe os seus progresos. - Problemas de Física e Química de ESO
(por Jose Carlos Alonso) - Análise do son
por Andrés García-Verdugo Delmas - Animacións de Física
Polo Departamento de Física e Química do IES Leonardo da Vinci (Alicante)
Ademais de animacións de física pódense descargas outras actividades para todos os niveis de Física e Química - Libros dixitais e cadernos de traballo accesibles desde a páxina do Proxecto Descartes no apartado de Educación Dixital A Distancia (EDAD): http://recursostic.educacion.es/descartes/web/edad.html
- Con F de física y con Q de química(Por Andrés García-Verdugo)Blog persoal sobre física, química e o seu ensino. Con artigos, ensaios, esperiencias e recursos didácticos.
Recursos xerais na rede
Biogeociencias
Portal que inclúe contidos relacionados coas ciencias da vida e da Terra e os impactos ambientais que se observan na actualidade. A web está organizada en seccións especializadas que recollen informacións actualizadas semanalmente de Bioloxía Celular, Xenética, Ecoloxía, Medicina, Nutrición, Xeoloxía e actividades didácticas e de investigación a niveis de ensinanza media e universidade.
En breve, terá servicio de envío de titulares de noticias de forma gratuita a todos aqueles que se subscriban á páxina nas direccións abaixo citadas.
Neste espazo inclúense tamén webs particulares que tratan varios temas con moita maior profundidade. Trátase das seccións seguintes:
- http://www.biogeociencias.com/playas/index.html Unha análise sedimentolóxica da area de varias praias galegas e un estudo sobre a degradación destas praias e do litoral dun tramo da ría de Muros e Noia.
- http://www.biogeociencias.com/carballos/index.html Actividade práctica, realizada con alumnado de diferentes masas de carballos e rebolos en base ao tamaño das landras, así como a evolución destas especies en Europa.
- http://www.biogeociencias.com/zoologia/index.html Fotografías da fauna galega, incluíndo interesantes macrofotografías.
- http://www.eureka.ya.com/aguasminerales/ Datos químicos das augas minerais de Galicia e de moitas das de España, Europa e do mundo.
- http://www.eureka.ya.com/fuentessantiago/ Análisis da potabilidade da auga das fontes de Santiago de Compostela.
Invitámoste, xunto cos seus alumnos e alumnas, a publicar aquí as túas experiencias e traballos. Para elo o noso e-mail é: biogeociencias@gmail.com Os editores deste portal, que agora comeza a súa andaina, invitámoste a colaborar no noso proxecto e a difundilo entre a comunidade educatvia: http://www.biogeociencias.com
Climántica
Proxecto que ofrece recursos como: "Prensa" (hemeroteca de novas diarias de EA desde que se publicou o proxecto e dispostas en categorías que coinciden coas unidades do proxecto), apartado "Formación" con ClimánticaMeteo que ofrece recursos para a meteoroloxía escoloar e que contén tamén" Climántica multimedia" (que xa contén unha unidade temática e o curso Moodle sobre cambio climático), "Centros" (contidos e ideas de centros que desenvolven o proxecto e queren participar), "Climántica tv" (no que poden verse xa dous documentais, un sobre cambio climático e outro sobre mobilidade e en setembro terá o paquete de documentais de Educación Enerxética) e "Descargas" (onde xa se poden descargar a unidade 1 por capítulos, o primeiro número do comic de EA, as presentacións do primeiro curso de formación&n e outros recursos diversos, sobre meteoroloxía, climatoloxía e cambio climático).
Laboratorio Virtual Ibercaja (LAV)
Proxecto que ten como obxetivo o ensino da Ciencia e a Tecnoloxía mediante as novas ferramentas da información e a comunicación. A súa principal actividade é o acceso gratuito a máis de 200 simulacións informáticas para a aprendizaxe da Ciencia e a Tecnoloxía nos niveis de ESO, Bachiller e Ciclos Formativos.
Recursos Bibliográficos
- Atlas de Histoloxía Vexetal, Doctor en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e Catedrático de Ensinanzaa Secundaria na especialidade de Bioloxía e Xeoloxía)
Olibro é de interese para profesores e alumnos da etapa da Educación Secundaria das materias Bioloxía e Xeoloxía do cuarto curso da ESO e do primeiro curso de bacharelato de Ciencias. Esta obra tamén pode ser moi útil tanto a estudiantes como a profesores universitarios de Histoloxía Vexetal ou Botánica de diferentes titulacións como Bioloxía, Inxeniería Agrícola, Farmacia, Maxisterio... En xeral, estos contidos poden ser útiles ó profesorado de outros niveis como Primaria e, máis aínda, de ciclos de Formación Profesional relacionados co mundo das plantas vexetais en xeral.
O corpo principal do atlas consta de máis de 140 microfotografías en cor, a maioría das cales a 600 ppp, obtidas cun microscopio dixital Olympus do Departamento de Bioloxía Animal da Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela, aínda que nalgún caso utilizouse tamén o microscopio dixital Motic DM-B1-223 aportado pola administración educativa da Xunta de Galicia aos centros de bacharelato. Inclúense microfotografías desde as cianobacterias ata as plantas superiores, pasando por fungos, musgos, hepáticas e fentos. Nas plantas trátanse todos os tipos de texidos e seccións das distintas partes como raíz, talo, folla e partes masculina e feminina da flor. O libro inclúe tamén unha sección de avaliación con recortes de varias das imaxes principais e preguntas relacionadas con elas, un anexo de fotos de microorganismos a grande aumento e un amplo índice alfabético sobre a terminoloxía botánica usada.
Cada fotografía inclúe unha lenda explicativa e sinalización detallada das estructuras contidas en elas.
O libro ofrécese a un prezo promocional para bibliotecas e centros educativos na web:
http://www.lulu.com/shop/search.ep?keyWords=Atlas+de+Histolog%C3%ADa+Vegetal&categoryId=200349 - As Matemáticas e a Astronomía en Galicia, de Iván Fernández Pérez e José Ángel Docobo Durántezdo Observatorio Astronómico Ramón Mª Aller da Universidade de Santiago de Compostela.
Malia que poida semellar o contrario, o interese científico en certas áreas remóntase en Galicia a tempos antigos. Dende o século XVIII á actualidade, este libro achega o lector á historia da actividade docente e investigadora no eido das matemáticas e a astronomía de Galicia. Un minucioso percorrido por institucións e persoas, que recupera a obra e dimensión de figuras senlleiras no desenvolvemento das ciencias matemáticas, a astronomía e a astrofísica.
O libro pode adquirirse por 10 euros no Servizo de Publicacións e Intercambio Científico da Universidade de Santiago de Compostela:
http://www3.usc.es/publicacionsusc/Tenda/Produto.asp?Page=4&Code=BD0033
- "Conceptos de Química" de Ediciones del Serbal. Abarca un curso de Química Xeral con multitude de cuestións de opción múltiple e solucións comentadas.
A Editorial pode realizar un 20 % de desconto aos membros de Enciga que queiran adquirir o libro. - Contar bien para vivir mejor de RUBES EDITORIAL
Coa axuda dos consellos deste libro chegaremos a comprender que as matemáticas poden divertirnos, ensinarnos e convertirse na arma imprescindible para emprender a difícil tarea de vivir mellor.