VISITA GUIADA 1
RUTA XEOLÓXICA con Fran Canosa
Nº Prazas: 30
HORA SAÍDA 9:30 h IES MARÍA SARMIENTO
ITINERARIO:
- Praia de Esteiro
- Punta Morás
Profesora acompañante: Belén Pérez Pérez
VISITA GUIADA 2
RUTA CASCO HISTÓRICO DE VIVEIRO E SUBIDA A SAN ROQUE
Nº Prazas: 30
HORA SAÍDA 9:45 h IES MARÍA SARMIENTO
Visita ao casco histórico de Viveiro.
Subida a San Roque desde o casco histórico de Viveiro.
Profesor acompañante: Juan Luis Fernández Fernández
VISITA GUIADA 3
VISITA A ALCOA
Nº Prazas: 15
HORA SAÍDA 9:30 h IES MARÍA SARMIENTO
Por motivos de seguridade os/as congresistas que se decanten por esta visita deberán comunicar ao correo electrónico do congreso o seu número de calzado e a súa talla de bata (S, M, L, XL ou XXL).
Tamén durante a visita se teñen o pelo longo deberán levalo recollido, non deben levar aneis, gravata, pendentes ou colgantes e si deben levar pantalón longo que cubra os nocellos.
No caso de ter marcapasos, próteses ou lentillas deberán comunicarllo aos responsables da visita.
Profesora acompañante: María Irma González Rodríguez
VISITA GUIADA 4
VISITA A SARGADELOS
Nº Prazas: 30
HORA SAÍDA 9:30 h IES MARÍA SARMIENTO
Visita á fábrica de Sargadelos.
Ruta histórica ao pazo do Marqués de Sargadelos, á presa, ao Paseo dos Namorados,...
Profesores acompañantes: María Belén Suárez Martínez e Néstor Timiraos Labaén
Máis información da visita a Sargadelos
VISITA GUIADA 5
VISITA AO PORTO DE CELEIRO
Nº Prazas: 50
HORA SAÍDA 9:45 h IES MARÍA SARMIENTO
Visita ao Porto de Celeiro, recepción na Cofradía de pescadores, visita á lonxa, Salvamento Marítimo e Sala de comunicacións cos barcos.
Profesor acompañante: Francisco de Asís Basanta Barro
VISITA GUIADA 6
VISITA Á EMPRESA VESTAS GENERATOR VIVEIRO E AO SOUTO DA RETORTA
Nº Prazas: 50
HORA SAÍDA: 9:30H IES MARÍA SARMIENTO
Visita á empresa VESTAS GENERATOR VIVEIRO.
Roteiro polo Souto da Retorta.
Na Empresa VESTAS GENERATOR VIVEIRO serán necesarias algunhas medidas de seguridade que facilitará a empresa: casco, chaleco amarelo, zapatos de seguridade e gafas de seguridade.
Os/as congresistas que se decanten por esta visita deberán comunicar ao correo electrónico do congreso o seu número de calzado e se usan gafas normalmente xa que neste caso entregaránlles un cubre gafas e non as gafas de seguridade.
Profesor acompañante: Jaime Fernández Villar