Presentación do XXVI Congreso de ENCIGA

Lugar de celebración

  • IES Eduardo Blanco Amor, de Ourense

Datas

  • 21, 22 e 23 de novembro de 2013

Comité organizador do XXVI Congreso de ENCIGA:

Coordinadores: 

  • Benjamín Macía Fernández
  • José Luis Díaz Leyes
Correo web para o Congreso: congreso26@enciga.org
  • Data límite para envío de resumos: 18 de outubro
  • Data límite para envío de ponencias completas: 25 de outubro
  • Data límite para a inscrición: 14 de novembro

O formulario de inscrición está dispoñible aquí.
Máis información no menú da esquerda: XXVI Congreso (2013)


 

Carta de presentación

Benqueridos compañeiros e compañeiras:

ENCIGA leva xa un longo percorrido a prol da ciencia e a súa didáctica. Pero facendo nosa a frase de Marie Curie quen afirmaba que “nunca te decatas do que xa fixeches, só podes ver que queda por facer”, acometemos con especial entusiasmo o reto de celebrar no IES “E. Blanco Amor” de Ourense, o XXVI Congreso de ENCIGA os días 21, 22 e 23 de novembro de 2013. Temos a intención de facer posible o coñecido lema de Fenelón: “Docere, movere et delectare”, (aprender, motivar e desfrutar).

Para que sexa posible este novo encontro da nosa asociación e co ánimo de dar un novo pulo ao evento, estamos xa a traballar os vosos compañeiros de Ourense. Facémolo con especial ilusión, porque había xa vinte longos anos que non se celebraba o noso Congreso na cidade das Burgas.

Queremos tamén darvos a coñecer a Ourense polas cousas positivas que ten e que habitualmente non saen nos medios de comunicación, o seu patrimonio, o parque tecnolóxico, os polígonos industrias, etc. Ourense, cun belísimo casco vello cheo de monumentos históricos de primeiro nivel, é a capital termal de Galicia, contando con varias termas ao carón do río Miño, (Chabasqueira, Outariz,..) que sorprenderán a quen as visite (é aconsellable traer traxe de baño!). A nosa xente, a nosa gastronomía e mailos nosos viños, (Ribeiro, Valdeorras, Monterrey, Ribeira Sacra), farán o resto no que atinxe a asegurar un marco axeitado. Vindo a Ourense, estamos seguros de que quedaredes gratamente sorprendidos.

Dicía J. R. Oppenheimer que “un científico debe tomarse a liberdade de formular calquera cuestión e de atreverse a comprobar calquera afirmación”. Invitámosvos a que comprobedes e experimentedes de primeira man que a nosa cidade ofrece un marco axeitado para o encontro entre compañeiros e vellos coñecidos con motivo deste novo Congreso.

Para inscribirvos e para coñecer o formato de presentación e condicións de participación, podedes visitar a páxina web de ENCIGA, www.enciga.org, no apartado do XXVI Congreso.

Sabemos todos que o Congreso, aínda que animado nesta ocasión dende Ourense, é algo que facemos todos coa nosa participación activa. Invitámosvos, por tanto, a enviar os vosos traballos ao enderezo  congreso26@enciga.org  ( o resumo antes  do 18 de Outubro e  a ponencia completa antes do 25 de Outubro)

Ata novembro. Recibide un cordial saúdo dos coordinadores do XXVI Congreso de ENCIGA

 

IES “Eduardo Blanco Amor”

R/Vicente  Risco 13

32003 Ourense

Tf.: 988 21 98 43       Fax: 988 21 98 45

www.edu.xunta.es/centros/ieseduardoblancoamor

ies.blanco.amor.ourense@edu.xunta.es

Contidos do Congreso

Actividades

No congreso desenvolveranse as seguintes actividades:

  • Conferencias
  • Comunicacións
  • Comunicacións en cartel
  • Obradoiros
  • Exposicións e mostra de materiais
  • Debates
  • Visitas e actos sociais
Temas

Os temas que suxerimos para a presentación de traballos, sen carácter excluínte, son:

  • Experiencias didácticas
  • Actividades de investigación-acción
  • Experiencias interdisciplinares
  • Tratamento de contidos transversais
  • Avaliación
  • Estratexias metodolóxicas
  • Desenvolvemento curricular
  • Materiais curriculares
  • Recursos multimedia
  • Aquel tema que prefiras, porque xamais sobrará o que nos queiras contar