Iniciativa Divulga na Escola

Manuel Vicente da Asociación Galega de Comunicación de Cultura Científica e Tecnolóxica (divulgaccion@divulgaccion.org), presenta a iniciativa "Divulga na Escola". A través dela póñense a disposición dos centros de ensino unha listaxe de divulgadores dispostos a recorrer o país divulgando o coñecemento científico.
No enderezo divulgaccion.org/divulga-na-escola/ esta dispoñible toda a información necesaria para poñer en marcha cada actividade (contacto, descrición da actividade, medios necesarios,...). Esta listaxe estase actualizando constantemente.
Este recurso pode ser moi útil para a comunidade escolar (profesorado, ANPA´s,...) á hora de programar actividades relacionadas co mundo da ciencia e a tecnoloxía.