Semana da Ciencia na ETS Enxeñaría de Minas da Universidade de Vigo

Do 12 ao 16 de Novembro do 2012 celebrarase na ETS Enxeñaría de Minas da Universidade de Vigo a SEMANA DA CIENCIA. As actividades están dirixidas fundamentalmente a estudantes de ensino medio e bacharelato, cuns contidos relacionados de forma directa coas súas instalacións e a súa investigación (asociada en esencia coa enerxía, os novos materiais e o medio ambiente).

Podedes ver a información completa (díptico da visita, póster, programa, exemplo de levantamento láser 3D cos alumnos ou exemplo de termografía cos alumnos, videos, ?) na web:
http://webs.uvigo.es/etseminas/cms/index.php?id=81,0,0,1,0,0