VIII Olimpíada de Bioloxía

Asociación Olimpíada de Bioloxía (OEB) convoca a VIII Olimpíada de Bioloxía (Fase Autonómica Galega) baixo o patrocinio de, entre outros, o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia.

Poderán participar na VIII Olimpíada de Bioloxía (Fase Autonómica Galega) todos os estudantes que estean matriculados de Bioloxía, en Galicia, durante o curso 2012-2013, no 2º curso de Bacharelato, que cursaran Bioloxía en 1º de Bacharelato e que sexan seleccionados segundo os criterios indicados.

Os interesados en participar solicitarano, cumprimentando integramente o Formulario de Inscrición e demais documentación. http://www.biologosdegalicia.org/olimpiada_bioloxia.html

Prazo de inscrición: entre o 15 de outubro e o 15 de novembro de 2012.

A proba celebrarase o día 11 de xaneiro de 2013 na Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña.