VII Edición de Tecnoloxía na rúa

A Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia organiza a VII Mostra de Proxectos "Tecnoloxía na rúa".  

  • Data: 1 de xuño de 2012
  • Lugar: Praza do Toural en Santiago de Compostela
  • Horario: de 17:00 a 20:30 horas

Con esta actividade na rúa preténdese sacar a Tecnoloxía das aulas e amosar á sociedade o que están a traballar os rapaces e rapazas na materia de Tecnoloxía na educación secundaria.