Ciencias da Terra para o Mundo Contemporáneo dende Climántica

Curso organizado por Climántica: Ciencias da Terra para o Mundo Contemporáneo dende Climántica

Trátase dun curso que organizamos aproveitando a oportunidade que  supón a visita a Galicia do Vulcanólogo fundador da AEPECT, Francisco Anguita Virella.

Á vista da calidade do deseño do profesor Anguita, convidámosche a anotarte en FProfe, cos seguintes  datos de inscrición, e tendo en conta que o prazo remata o 30 de xaneiro, e que decidimos non facer descanso para que poder rematar as sesión sobre as 20:30 horas:
Referencia: S1101071
Centro de formación e recursos: CAFI
Temporalización:  07/02/2012  -  09/02/2012
Data límite de inscrición: 30/01/2012
Lugar: CAFI
Prazas:  35

O profesor Anguita leva traballando no deseño e preparación deste curso  os dous últimos  meses. Previo ao deseño, pedímoslle  que  tivera en conta unha reformulación que fixemos dos obxectivos xerais da materia de Ciencias da Terra e Ambientais  para adaptalos ao proxecto. Tamén lle pedimos que dende ese marco, desenvolvera un deseño que permitira chegar, dende a dimensión ambiental transversal das Ciencias da Terra,  a todas a materia de Bioloxía e Xeoloxía e as  
áreas de Ciencias da Natureza e de Coñecemento do Medio.