Seminario A Auga no Mundo Contemporáneo

Seminario e Obradoiro: "A AUGA NO MUNDO CONTEMPORÁNEO" baseado no libro "A auga e cambio climático" do que son autores Francisco Sóñora Luna e Francisco Anguita Virella.
O
Seminario será impartido por Francisco Anguita Virella, fundador da Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra (AEPECT) en horario de 17:00 a 19:00 e por Francisco Sóñora Luna, Director de Climántica en horario de 19:00 a 20:00 nas datas e nas localidades seguintes:

  • Martes 27 de setembro. Centro social Os Maios de A Coruña. Para CFRs vinculados A Coruña, Lugo e Ferrol.
  • Mércores 28 de setembro. IES Torrente Ballester de Pontevedra, para CFRs da provincia de Pontevedra.
  • Xoves 29 de setembro. IES Otero Pedrayo de Ourense, para CFRs da provincia de Ourense.
  • Venres 30 de setembro. IES Rosalía de Castro (Rúa San Clemente, s/n.), para CFRs relacionados con Santiago.

O profesorado interesado poderá ver máis información e descargar o impreso de inscripción na web www.climantiga.org. Unha vez descargado deberá cubrilo e envialo, cuberto, ao enderezo electrónico climantica@climantica.org.