Obra de Teatro Científico: Comando Antibiótico contra as bacterias mutantes

A obra de teatro científico "Comando Antibiótico contras las bacterias mutantes" está dirixida principalmente a nenos de entre 8 é 12 anos. A obra dura 50 minutos. Ós nenos participantes do xogo regálanselles unhas camisetas e tamén se reparten trípticos ós asistentes. A representación da obra ten custe cero para o colexio ou auditorio. Faranse 30 representacións da obra por toda Galicia.
Os profesores interesados en que a obra se represente no seu colexio ou instituto pódense poñer en contacto co organizador do proxecto, o Dr. Esteban Fernández Moreira no seu enderezo electrónico esteban.f.moreira@gmail.com.
De entre todas as peticións seleccionaranse trinta. Os actores encargados da obra contactarán co profesor interesado para ultimar hora e data da representación.
O únicos requirimentos técnicos para representar a obra serían ter certo nivel de escuridade e un cañón de vídeo e pantalla xa que no transcurso da obra proxectaranse varios vídeos e animacións flash. 
Pódese ver un vídeo e fotos na páxina web www.actuaciencia.org. Nesta páxina pódense consultar os trípticos da obra na sección Antibióticos.