Científicos de fronteira,, un programa de entrevistas

Trece investigadores que se moven cada día nas fronteiras do coñecido interveñen en "Científicos de Fronteira", un programa de entrevistas que empezará a emitirse o día 10 de outubro ás 23:30 h na 2. Inaugura a serie o físico español Ignacio Cirac, director do Instituto Max Planck para Óptica Cuántica (Alemaña) e premio Fronteiras do Coñecemento 2008 da Fundación BBVA. Cirac, que foi noticia por figurar entre os candidatos ao Premio Nobel de Física, narra a súa fascinación polos fenómenos que ocorren na materia a escala de millonésimas de milímetro: no mundo cuántico, por exemplo, os cambios nunha partícula poden manifestarse instantaneamente noutra situada a gran distancia, e sen que exista conexión material entre ambas.