Conferencia de Manuel Bermejo

A Agrupación Cultural O Facho de A Coruña, dentro dos seus ciclos de palestras públicas do período 2011-12, organiza unha conferencia do Catedrático de Química Inorgánica da Universidade de Santiago de Compostela, Manuel Bermejo Patiño, que falará dentro do ciclo "Língua, Literatura e Naçom", coa exposición titulada "Casares: A consolidación da experimentalidade en Galicia".

Póster de Antonio Casares

Este ano 2012 celébrase o segundo centenario do nacemento de Antonio Casares Rodríguez (Monforte 1812-Santiago 1888).
Está considerado un dos químicos máis importantes do século XIX en España, e o pai da Química en Galicia. A Academia de Ciencias de Galicia dedica este ano á súa figura.

Presentación da versión WEB do Diccionario de Autores Científicos Galegos

O martes 27 de marzo, ás 19:00 e no salón de actos do Consello da Cultura Galega (Praza do Obradoiro), preséntase a versión WEB do Diccionario de autores científicos galegos que se publicou en Edicións do Castro hai xa bastantes anos, cos contidos actualizados, enlaces, etc...

ÁLBUM DA CIENCIA: O I+D HISTÓRICO DE GALICIA
27 de marzo de 2012
19:00 horas
Salón de Actos do Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi - Praza do Obradoiro)

Páxinas

Subscribe to ENCIGA RSS