Cómo chegar

Indicacións para chegar a Negreira:

En Milladoiro (sur de Santiago) tómase a autovía AG-56 cara Noia (hai enlace directo dende a autoestrada AP-9 en ambos sentidos: saída 75).
Tómase a saída 7 da autovía (indicada como Bertamiráns norte/ Negreira). Na rotonda tómase a 2ª saída para acceder á AC-544 (indicada como Negreira 9/ Muxía 61).
Ao entrar no casco urbano de Negreira atoparánse as habituais frechas indicadoras do congreso que dirixen cara o instituto.
Ver Ruta en Google Maps

Visitas guiadas

VISITA 1.- Cooperativa FEIRACO - Explotación gandeira (60 plazas)

FEIRACO é unha das cooperativas leiteiras galegas máis senlleiras. Foi fundada en 1968 e ten máis de 2000 socios. Na visita poderase observar todo o proceso de tratamento do leite para o seu envasado e para a obtención dos derivados lácteos, algúns dos cales poderán degustarse.

Convocatoria de Asemblea Ordinaria de ENCIGA para o 20 de novembro de 2015

Por orde do Sr. Presidente, convócase a  Asemblea Ordinaria para o día  20  de novembro de 2015 ás 19:45 horas en primeira convocatoria, e ás 20:15 horas en segunda convocatoria, no IES Xograr Afonso Gómez de Sarria, coa seguinte   
Orde do día: 
1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria anterior
2.- Informe do Presidente
3.- Proposta de sustitución na secretaría
4.- Informe do Tesoureiro e aprobación, se procede das contas do exercicio  anterior
5.- Rogos e preguntas

Ver convocatoria en pdf

Páxinas

Subscribe to ENCIGA RSS