Xornada María Josefa Wonenburger Planells na creación de coñecemento

A xornada terá lugar o 28 de outubro en Santiago de Compostela, no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega (ver localización)

A asistencia ao acto é libre e gratuíta. Entregarase diploma de asistencia previa inscrición. Pódese obter Información sobre o programa aquí.

María Josefa Wonenburger é unha matemática galega nacida en Oleiros.

Preténdese propiciar un espazo para o estudo e recoñecemento da obra da 11:30 horas matemática e alxebrista María Josefa Wonenburger Planells proporcionando miradas Pausa en profundidade e detalle sobre o seu corpus creativo e investigador en toda a súa amplitude e singularidade. Póñense en marcha actividades e análises centradas en promover visións máis completas e complexas da traxectoria desta investigadora que tivo, e segue a ter, unha influencia indiscutible no avance das matemáticas no século xx.

Conferencia de Ada E. Yonath

ConCiencia

Programa de divulgación científica 2010

Conferencia: O ribosoma: "unha máquina de ARN que sobreviviu á presión da evolución, pero está paralizada polos antibióticos"

Ada E. Yonath

Premio Nobel de Química 2009

Consorcio de Santiago. Universidade de Santiago de Compostela

Luns 25 de outubro ás 20:00 h. no Centro Sociocultural Fundación Caixa Galicia (Carreira do Conde, 18)

Obra de Teatro Científico: Comando Antibiótico contra as bacterias mutantes

A obra de teatro científico "Comando Antibiótico contras las bacterias mutantes" está dirixida principalmente a nenos de entre 8 é 12 anos. A obra dura 50 minutos. Ós nenos participantes do xogo regálanselles unhas camisetas e tamén se reparten trípticos ós asistentes. A representación da obra ten custe cero para o colexio ou auditorio. Faranse 30 representacións da obra por toda Galicia.

Páxinas

Subscribe to ENCIGA RSS