PRESENTACIÓN DA GUÍA DOS ELEMENTOS QUÍMICOS

O pasado luns 22 de xaneiro a Real Academia Galega presentou en A Coruña a nova “Guía dos elementos químicos”, un libro que explica a orixe dos nomes dos elementos e afonda na súa historia e no seu coñecemento. Na presentación estiveron os seu autores, Manuel Bermejo, Marcelino Maneiro e Ana González, profesores de Química Inorgánica e membros de ENCIGA. O libro, que será sen dúbida unha obra de referencia para o profesorado de Química, Bioloxía ou Farmacia, xa fora presentado no XXXI Congreso de ENCIGA.

CURSO “INTRODUCINDO O SOFTWARE CIENTÍFICO NAS AULAS: R COMMANDER”

O Programa de Formación de Innovación Docente da Universidade de Santiago de Compostela organiza o curso “Introducindo o software científico nas aulas: R Commander” dirixido ao profesorado de Ensino Medio con especialidade en Matemáticas. Esta actividade de formación está recoñecida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

19ª Jornadas para el Aprendizaje y la Enseñanza de las Matemáticas (JAEM)

Entre o 3 e o 5 de Xullo terá lugar na Coruña a 19 edición das JAEM.

Nesta edición o comité científico decidiu dedicar un núcleo temático a Educación Infantil e outro á Educación Primaria, buscando unha maior presencia de docentes e trabajllos destas primeiras etapas, fundamentais na educación matemática.

Máis información en https://www.19jaem.org/

Asemblea de ENCIGA

Convócase Asamblea Ordinaria de ENCIGA para o día 16 de novembro de 2018 ás 20:30h en primeira convocatoria, e ás 20:45h en segunda convocatoria, no Salón Teatro do Auditorio Municipal de Lalín, e có seguinte ORDE DO DÍA:

Conferencia de Gabriele Veneziano, o pai da Teoría de Cordas

O luns 12 de novembro dará unha conferencia Gabriele Veneziano, o pai da Teoría de Cordas, no auditorio de Abanca na rúa do Preguntoiro, en Santiago de Compostela. É unha ocasión moi especial xa que se cumpren 50 anos desta teoría.

  • Día: 12 de novembro, luns
  • Hora: 20:00
  • Lugar: Auditorio de Abanca (rúa do Preguntoiro, moi perto á Praza de Cervantes de Santiago de Compostela)

IGFAE Science Week 2018

O departamento de divulgación do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) anuncia a "Semana da Ciencia IGFAE 2018", que se celebrará na semana do 12 ao 16 de Novembro. O IGFAE é un centro mixto Universidade de Santiago de Compostela-Xunta de Galicia acreditado en 2017 como Unidade de Excelencia "María de Maeztu" do Sistema español de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación.

Páxinas

Subscribe to ENCIGA RSS