Asemblea de ENCIGA

Por orde do Sr. Presidente, convócase a Asemblea Ordinaria para o día 18 de novembro de 2016 ás 19:45 horas en primeira convocatoria, e ás 20:15 horas en segunda convocatoria, no Centro Socio-Cultural de Negreira, coa seguinte

Orde do día:

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria anterior. 
  2. Informe do Sr. Presidente.
  3. Informe do Tesoureiro e aprobación, se procede das contas do exercicio anterior.
  4. Rogos e preguntas.

Ver a convocatoria en pdf

Onde durmir en Negreira

ALOXAMENTO EN NEGREIRA E ARREDORES

Prezo para dúas noites (17 e 18 de novembro) en habitación dobre. Información obtida en www.trivago.es
HOTEIS

  • Hotel Millán (Negreira centro) ** : 88€
  • Hotel Gastronómico Casa Rosalía (Brión, a 7,8 km) **: 111€
  • Hotel Balneario de Compostela (Brión, a 8,5 km)***: 180€
  • Hotel O Desvío (Roxos, a 11,1 km)***: 100€
  • Hotel Restaurante Marinovo (Urdilde, a 8,8 km)*: 80 €

CASAS  RURAIS

Cómo chegar

Indicacións para chegar a Negreira:

En Milladoiro (sur de Santiago) tómase a autovía AG-56 cara Noia (hai enlace directo dende a autoestrada AP-9 en ambos sentidos: saída 75).
Tómase a saída 7 da autovía (indicada como Bertamiráns norte/ Negreira). Na rotonda tómase a 2ª saída para acceder á AC-544 (indicada como Negreira 9/ Muxía 61).
Ao entrar no casco urbano de Negreira atoparánse as habituais frechas indicadoras do congreso que dirixen cara o instituto.
Ver Ruta en Google Maps

Visitas guiadas

VISITA 1.- Cooperativa FEIRACO - Explotación gandeira (60 plazas)

FEIRACO é unha das cooperativas leiteiras galegas máis senlleiras. Foi fundada en 1968 e ten máis de 2000 socios. Na visita poderase observar todo o proceso de tratamento do leite para o seu envasado e para a obtención dos derivados lácteos, algúns dos cales poderán degustarse.

Páxinas

Subscribe to ENCIGA RSS